twitter
rss


Hoxe tivemos unha mañá un pouquiño diferente.
12 nais e pais da ANPA prepararon unha actividade chulísima para celebrar o Samaín. 
Primeiro nos contaron a historia do Samaín e a súa orixe, logo elaboramos unhas cabazas en 5 grupos cooperativos e construimos uns puzzles, que colgaremos polos corredores, e no Salón de Actos.
Puxémoslle sombreiros de meiga, bigotes de gato, pelo, ollos...Certamente quedaron moi bonitas.

En breve montaremos unha exposición no Salón de Actos coas cabazas elaboradas por tódolos alumnos do cole, xa que os de 4º, 5º e 6º tamén as fixeron, os de infantil as van preparar a vindeira semana e os da ESO tamén están preparando as súas.
Vai quedar todo súper estupendo
Dende aquí queremos agradecer a tódolas nais e pais que colaboraron con nós nesta actividade. MOITAS GRAZAS .


Esperamos que ao longo do curso poidamos facer máis actividades coma a de hoxe.
Xa temos as fotos colgadas na web do cole deixamos a ligazón para que poidades ver como se desenvolveu a actividade

Fotos na web do cole

0 comentarios:

Publicar un comentario